CRTVG

Buscar

Centos de traballadores pídenlles aos gobernos unidade de acción para a industria galega

Publicado o 27/06/2020 17:40

Comisións Obreiras e UXT mobilizáronse na Coruña para pedirlles aos gobernos central e autonómico unidade de acción e un plan de reconstrución industrial para Galicia. Na concentración en defensa do emprego estiveron os traballadores de Alu Ibérica e de Alcoa en San Cibrao.

Traballadores de Alu Iberica maniféstanse diante da Delegación do Goberno na Coruña. Xunto a eles teñen os compañeiros da planta de Alcoa de San Cibrao. Todos na mesma rotonda buscan unha saída, un futuro para a industra galega.

Baixo o lema "Pola defensa do emprego e da industria electrointensiva. Enerxía, solución", os sindicatos convocantes do acto esíxenlles aos gobernos unidade de acción. Reclaman un pacto de reconstrución social e industrial. Esixen un prezo estable e competitivo da tarifa eléctrica. E insisten en que o Goberno central e o autonómico teñen competencias en industria e en enerxía.

Noticias web

27/06/2020