CRTVG

Buscar

Centos de persoas parten de Honduras cara aos EUA

Publicado o 15/01/2019 19:55

Nova caravana de migrantes que desta volta parte desde Honduras. Centos de persoas comezaron a mobilizarse esta madrugada rumbo a México e os Estados Unidos desde a contorna de San Pedro de Sula. Xente de todas as idades e familias enteiras que foxen da violencia, da pobreza e do desemprego. Unha caravana que lle valeu a Donald Trump para insistir en que o muro é a única solución para manter a seguridade nacional.

Desde o Goberno mexicano aseguran que darán refuxio aos que soliciten asilo nos Estados Unidos.

Noticias web

15/01/2019