CRTVG

Buscar

Centos de franceses cruzan a fronteira con España para comprar tabaco e alcohol

Publicado o 13/05/2020 09:02

Numerosos franceses da área da fronteira pasan á parte española en Xirona para mercar tabaco e alcohol.

Na localidade de El Pertús, con parte en Francia e parte en España, formáronse onte reas de centenares de persoas ante o estanco. Tamén á porta de supermercados.

Con tanta aglomeración, a policía francesa tivo que graduar a entrada de xente á poboación.
Esta afluencia ten a súa xustificación en que no territorio español un paquete de tabaco custa a metade que en Francia. Cada persoa pode pasar pola fronteira catro cartóns, polo que para moitos o aforro de 200 euros ben vale a espera.

Noticias web

13/05/2020