CRTVG

Buscar

Celta B e Alcoiano xogan a permanencia na tvG2

Publicado o 01/06/2019 12:45

O Celta B marchou a Alcoy consciente da dificultade, do sufrimento e coas verbas aínda frescas do seu presidente na cabeza. Pero convencido de que a súa capacidade e o gol da ida de Manolito lles vai dar para acadar a permanencia e resolver con dignidade unha accidentada temporada.

Pro partido, Albés recupera Ibán Salvador, e perde por lesión a Mancebo, Jacobo, Aarón e Solís. Os celestes viaxaron conscientes do ambiente, presionante, que lles agarda.

Sen confianzas, equipo alerta. Alcoiano - Celta B. Mañá ás seis, a vida ou morte. Verémolo en directo na nosa segunda canle.

Noticias web

01/06/2019