CRTVG

Buscar

Celébrase o día grande de Santa Minia en Brión

Publicado o 27/09/2019 14:24

Dende primeira hora da mañá, numerosas persoas dirixíanse ata o santuario onde está exposta santa Minia para renderlle culto á súa figura. Romaría con máis de 170 anos de historia, que recibe xente de distintos puntos de Galicia.

Nin sequera a chuvia que caeu durante boa parte da mañá puido coa fe dos devotos e devotas, que lle farían chegar á Virxe as súas peticións.

Despois de tantos anos, este lugar tamén está ligado, dunha maneira ou doutra, á vida dos presentes.

Oferta para comer hai abonda, para que se cumpra parte desa tradición. A xornada complétase coas actuacións de gaiteiros, charanga e a verbena, pola noite. Se o desexan, aínda terán para vir ata o domingo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/09/2019