CRTVG

Buscar

Éxito de asistencia en Sarria á feira e á festa de exaltación do porco celta

Publicado o 16/02/2019 18:39

A gastronomía manda está fin de semana en Sarria. Celébrase Fiporco, o certame internacional dedicado a amosar produtos de temporada relacionados coa alimentación. E ao mesmo tempo, a festa do cocido do porco celta que arestora está en pleno xantar.

En Galicia hai nestes momentos 130 explotacións gandeiras dedicadas ao porco celta; delas o 45% está na provincia de Lugo.

Noticias web

16/02/2019