CRTVG

Buscar

Celébrase en Ourense Vinis Terrae, o salón dos viños e licores galegos

Publicado o 01/04/2019 17:45

Comezou hoxe Vinis Terrae en Ourense. Están presentes moitos dos mellores produtos das nosas adegas.En Expourense, hoxe e mañá celébrase Vinis Terrae, o salón dos viños e os licores galegos. Están presentes nesta oitava edición máis de medio cento de adegas das cinco denominacións de orixe do país para promocionar a calidade dos seus caldos.

Hai programadas unha chea de actividades: catas comentadas, conferencias técnicas para presentar as últimas innovacións aplicadas ao sector vitivinícola e tamén o Túnel do Viño, un espazo, dos máis visitados, onde se exporán preto de120 caldos de toda Galicia. Un dos principais obxectivos deste salón é a internacionalización, por iso participan 14 importadores chegados de distintos recunchos do mundo, dende Estados Unidos, A China, Rusia ou O Perú, entre outros.

As cinco denominacións de orixe galegas exportan xa neste intre arredor do 20 por cento da súa produción. Vinis Terrae busca incrementar estas porcentaxes.



 

Noticias web

01/04/2019