CRTVG

Buscar

Burela conmemora a oitava edición do achado do torque máis grande de Galicia

Publicado o 30/06/2019 12:41

Dende hai oito anos Burela lémbranos a todos que foi nesta vila onde un agricultor achou casualmente no ano 1945 o torque máis grande dos atopados en Galicia, unha peza que nos fala do pasado castrexo dos habitantes da zona.

A busca do torque é un dos xogos que máis interese esperta entre os clans que participan nesta festa de Burela. Danse pistas, divídense en grupos e comeza unha actividade que os ten enredados bos parte da tarde. É unha metéfora da busca das orixes dos veciños da zona.

Tamén hai xogos pensados para os pícaros, e exhibicións de cetrería que conseguen abraiar a todos. O caso é participar nunha festa na que cada ano ten máis xente. De feito, en cada edición vanse coidando máis os preparativos.
Esta é a oitava edición, e os seus beneficios repercuten en todos. Involucrar cada ano máis xente e reforzar as relacións veciñais dun xeito lúdico e reivindicativo son os dous obxectivos destas festas castrexas.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/06/2019