CRTVG

Buscar

Cea celebra a VI Ruta dos Fornos coincidindo coa Festa do Pan

Publicado o 07/07/2019 12:00

A ruta dos fornos enche as rúas de Cea dende hai xa seis anos. Coincidindo coa súa festa do pan os cinco fornos restaurados que hai no pobo abren as súas portas e reciben a veciños e visitantes.
A música, o viño e os petiscos acompañan o percorrido polos fornos. Este ano unhas catrocentas persoas achegáronse ata Cea para coñecer ou revisitar a súa ruta.

É unha festa de benvida para aqueles que non coñecen Cea, máis difícil é que non coñezan o seu pan, pero tamén unha xornada de lembranzas para os seus veciños.

Cinco fornos forman parte desta ruta, todo un aliciente para participar da festa e coñecer máis de preto un pedazo da súa historia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/07/2019