CRTVG

Buscar

Cayetana Álvarez de Toledo retira lazos amarelos en TV3

Publicado o 06/11/2019 14:29

A cabeza de lista do PP por Barcelona retirou lazos amarelos en TV3. Cando se dirixía a participar nun debate electoral na televisión catalá, Cayetana Álvarez de Toledo quitou os lazos que estaban colocados en varios puntos das instalacións, en recordo dos líderes secesionistas condenados polo Supremo.

A propia voceira popular amosaba esta retirada nas redes sociais, e explicaba que guindou os lazos amarelos á papeleira.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/11/2019