CRTVG

Buscar

Dan positivo un paciente e catro traballadores do hospital Álvaro Cunqueiro

Publicado o 28/10/2020 11:46
Dan positivo un paciente e catro traballadores do hospital Álvaro Cunqueiro

Detectado un gromo que sumou os casos positivos de catro traballadores e un paciente do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e levou o illamento preventivo doutros catro profesionais. Fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas) detallaron que o foco de contaxios está "controlado" e que a súa orixe "se segue estudando".

As mesmas fontes explicaron que o paciente foi sometido a unha proba PCR cando ingresou no hospital, así como que a mesma a deu un resultado negativo en coronavirus. Posteriormente, comprobouse que estaba contaxiado. Así, sospéitase que esta persoa presentaba o virus no seu organismo cando foi hospitalizada aínda que a PCR fose negativa, unha situación que pode producirse cando a infección "está moi ao comezo", precisaron as fontes do Sergas.

En concreto, o gromo rexistrouse na área de dixestivos do centro hospitalario vigués, situada na Vela 1A, en que se atopaba o paciente. Ademais, catro traballadores arroxaron resultados positivos en coronavirus, mentres outros catro profesionais foron illados de xeito preventivo.