CRTVG

Buscar

Dadas de alta as catro persoas atacadas polo seu propio can no Bolo

Publicado o 13/08/2019 09:54

Xa foron dadas de alta as catro persoas atacadas onte por un can no concello ourensán do Bolo. O animal, un mastín, permanece na canceira da Rúa dende que foi capturado polo Seprona. A autoridade xudicial terá que decidir agora cal será o  seu destino. 

Os catro feridos evolucionan favorablemente e xa foron dados de alta. O can, de raza mastin, pertence a familia atacada, duas irmás, o noivo dunha delas e unha veciña. Foi trasladado a canceira municipal da Rua onde permanecerá illado, de forma preventiva, uns quince dias. Despois, un xuíz decidirá o seu destino.

Aparentemente, unha cadela en celo foi o detonante da agresión. O can reaccionou de xeito agresivo e atacou as vìtimas cando se dispoñían a atala.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2019