CRTVG

Buscar

Catro persoas falecen en México no estourido dunha pirotécnica

Publicado o 07/12/2019 08:32

 

 

Catro persoas falecen en México no estourido dunha pirotécnica

Alomenos catro persoas faleceron e outras cinco resultaron feridas de gravidade no estourido dun polvorín no estado mexicano de Puebla. O sinistro produciuse esta pasada tarde hora galega cando o almacén no que se gardaba o material pirotécnico estourou por causas ainda descoñecidas.

O polvorín estaba situado nunha zona despoboada e contaba co pertinente permiso para elaborar material pirotécnico. A zona está a ser protexida por membros da Garda Nacional, un corpo formado por policías e militares. A Fiscalía Xeral do Estado comezou xa as pescudas para clarexar a causa do estourido.