CRTVG

Buscar

Catro novos gromos en Ourense, Verín e O Barco suman 19 casos activos

Publicado o 24/09/2020 19:46
Catro novos gromos en Ourense, Verín e O Barco suman 19 casos activos

As autoridades sanitarias informaron este xoves de catro novos gromos da covid-19 detectados nos municipios de Verín, Ourense e O Barco de Valdeorras, que suman 19 casos activos. En concreto, segundo fontes da área sanitaria, detectouse un novo gromo na comarca de Verín con catro casos activos -dúas mulleres de 60 e 55 anos e dous homes de 58 e 66 anos- e outro con cinco contaxios -tres mulleres de 26, 46 e 47 anos e dous homes de 26 e 59-.

Por outra banda, un novo gromo na cidade de Ourense abarca seis casos, cos positivos de tres mulleres -15, 42 e 85 anos- e tres homes -34, 90 e 91 anos-. 

No Barco de Valdeorras hai un gromo que afecta tres mulleres de 24, 57 e 84 anos e un home de 88 anos, que está ingresado no Hospital Público de Valdeorras.

En canto aos gromos detectados en xornadas anteriores, o que abarca varios concellos de Baixa Limia rexistra oito casos máis, ata os 22, tras dar positivo outros seis homes e dúas mulleres. Un gromo en Verín, ademais, suma un novo caso, ata 11, o dun mozo de 20 anos.

Noticias web

24/09/2020