Catro mortos nas estradas esta fin de semana
Publicado o 17/08/2020 08:58
Catro persoas morreron nas estradas españolas en catro accidentes nas provincias de Sevilla, Albacete, Córdoba e Huesca.
Amais, nestes e noutros sinistros déronse máis dunha decena de feridos de diversa consideración.
En Galicia producíronse catro accidentes graves, un en Pontedeume e os outros tres na provincia de Ourense. Dous deles foron colisións entre unha moto e un turismo.
As imaxes corresponden ao choque en Barbadás. Chocaron un coche e unha moto. Os dous ocupantes da moto foron trasladados en helicóptero e ambulancia medicalizada ao hospital de Ourense.
Máis sobre Galicia
04/03/2021 21:48
04/03/2021 20:43