CRTVG

Buscar

Catro membros dunha familia morreron nun accidente en Gran Canaria

Publicado o 10/12/2020 14:36

Catro membros dunha familia morreron ao precipitarse o coche no que viaxaban por un barranco a máis de 120 metros de profundidade.

O vehículo en que viaxaban os catro falecidos deu varias voltas de campá ata que a vexetación freou a súa traxectoria. Está nun terreo inestable e de difícil acceso, polo que o rescate dos corpos só se pode facer por aire, pero o vento, a chuvia e a néboa presenrtes na illa non o permiten.

Os catro falecidos son o pai, dúas fillas e o marido dunha delas. Unha familia orixinaria de Asturias. Ao parecer, viñan de visitar uns familiares cando se produciu o tráxico accidente. As autoridades non tiveron notificación do accidente ata 18 horas despois, cando un operario de mantemendo de estradas viu varios postes de protección da vía esnaquizados. Ao mirar a ladeira descubriu o vehículo. Ata a zona achegouse un helicóptero de rescate, que confirmou que no interior estaban os catro falecidos.

Noticias web

10/12/2020