CRTVG

Buscar

Catro esculturas con forma de vieira presiden as rutas do Camiño de Santiago

Publicado o 16/10/2020 15:21

Catro esculturas con forma de vieira presiden a partir de hoxe os concellos de Monterrei, Cualedro, Laza e Vilardevós desde as rutas do Camiño de Santiago. 

As esculturas amosan por unha cara as pinturas dos artistas gallegos Vidal Souto, Antón Goyanes, Antón Lamazares e Alexandro. Pola outra, ofréceselles información aos peregrinos con mapas e referencias a lugares próximos de interese.

Á presentacion deste proxecto, Vieiras no Camiño, asistiu o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Noticias web

16/10/2020