CRTVG

Buscar

Catro drons sobrevoan as praias de Sanxenxo contando os bañistas

Publicado o 18/07/2020 16:02

Un dos problemas nesta crise da COVID19 é o control dos areais para que non se masifiquen."Playasdesanxenxo.org" é a web municipal na que calquera ususario dos 17 areais deste concello das Rías Baixas pode consultar para saber se ten ou non un oco nunha desas praias.

Son catro drons os que mercou o concello de Sanxenxo. A empresa aerocámaras, unha aposta por os drons e I+D anterior ao coronavirus, tamén lles aporta o sofware e a formación dos policías locais. Desde 35 metros de altura un algoritmno artificial conta as persoas e mide a distancia entre elas cunha marxe de erro non superior ao 10%.

A ocupación da praia e tamén, ao tempo imaxes de meteoroloxía actual desde o ceo dese areal.

Noticias web

18/07/2020