CRTVG

Buscar

Catro detidos pola súa posible relación cun asasinato en Marbella

Publicado o 03/07/2020 08:53


A Policía Nacional prendeu catro individuos pola súa posible relación co asasinato dun cidadán serbio perpetrado en Marbella a principios de xuño.
En Barcelona prenderon os dous presuntos autores materiais do crime, que a policía relaciona cun axuste do contas entre clans do narcotráfico. Tamén arrestaron na capital catalá outro individuo que lles deu cobertura. Outro membro da organización criminal foi detido en Marbella.


 

Noticias web

03/07/2020