CRTVG

Buscar

Catoira queda este ano sen a Romaría Vikinga

Publicado o 23/06/2020 21:29
Catoira queda este ano sen a Romaría Vikinga

Este ano non haberá Romaría Vikinga en Catoira. O Concello di nunha nota que as normas ditadas pola Xunta xeran incerteza en canto á posibilidade de celebrar festas ou verbenas, e que a afluencia de milleiros de persoas fai que sexa imposible garantir unhas condicións mínimas de distancia. Así que, para evitar contaxios, Catoira queda sen o seu desembarco viquingo.

Este ano celebraríanse os 60 anos da festa. Así que o Concello decidiu organizar algúns pequenos eventos con ocupación reducida para a xente da localidade.

Noticias web

23/06/2020