Catalina Rodríguez expón en Compostela 'Dous Camiños', sobre o Camiño Kumano e o Camiño de Santiago
Dous camiños, un mesmo paso. Primeiro polo Camiño Kumano Kodo, no Xapón, e logo polo Camiño de Inverno de Santiago. Na mochila, moitas cores e motivos. Todos volveron en cadernos de viaxe.
No Camiño, dúas estacións e dúas constantes, a cor e a luz.
Semellanzas estéticas e culturais irmándanse nunha mostra que conta tamén coas fotografías da norteamericana Caroline White, compañeira de viaxe no Xapón, as pezas de cerámica de Covadonga del Campo e un pequeno documental. E na mente de todos, ela, Megumi Shiozawa, presidenta da Asociación Casa Galicia Xapón e unha das impulsoras do proxecto. Para ela son estas acuarelas de Dous Camiños xa inseparables.
Os dous pódense percorrer ata o 10 de xaneiro no Museo das Peregrinacións de Santiago. Cómpre só seguir o pincel de Catalina Rodríguez.