CRTVG

Buscar

Caso Kitchen: piden investigar a Cospedal e Fernández Díaz

Publicado o 09/09/2020 10:00

A Comisión de Investigación que si que pode saír adiante é a que piden os grupos parlamentarios nacionalistas sobre o caso Kitchen. Podemos dixo que preparan a petición dunha comisión de investigación ao PP no Congreso. Podemos vea necesaria, e o PSOE non a desbota.

O caso Kitchen investiga o suposto operativo parapolicial da cúpula do Ministerio do Interior do Goberno do PP. Nesa operación utilizaríanse fondos reservados para espiar ao extesoureido popular, Luis Bárcenas, e coñecer onde ocultaba o material comprometedor para altos cargos dirixentes do PP.

A Fiscalía Anticorrupción xa pediu a imputación de María Dolores de Cospedal e de Jorge Fernández Díaz.

Noticias web

09/09/2020