CRTVG

Buscar

Case seis anos despois, comeza o despezamento do tren accidentado en Angrois

Publicado o 10/06/2019 17:58

Comezan a desmantelar o Alvia que se accidentou en Angrois. Os expertos cren que hai pezas das que se poden extraer conclusións para evitar novos sinistros ou que poden utilizarse noutras unidades. O resto do tren destinarase a chatarra.

Os vagóns, que estiveron vixiados durante catro anos, serviron para que os peritos realizaran, a instancias do xuíz, cantas probas solicitaron as partes.

O Alvia desaparecerá, pero o accidente daquel 24 de xullo de 2013 quedará na memoria de todos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/06/2019