CRTVG

Buscar

Case a metade dos españois acoden a Internet tras visitar o médico

Publicado o 02/10/2019 15:49

Practicamente a metade dos españois fai unha cousa nada máis saír da consulta do médico.

"Andar". "Ir á farmacia".

Probablemente, si. Pero referímonos a que saímos da consulta e acudimos a outra consulta.

"A consulta? Que faga eu a consulta e busque por Internet?, non". "Consultar en Google non é o meu caso".

Pois os datos din que se fai e bastante.

"Normalmente é máis fácil que consulte antes ca despois".

"Se cadra non está contento e pide unha segunda opinión".

Pois máis da metade dos que piden unha segunda opinión ao doutor Google fíanse da información que atopan. E un de cada catro busca información de autocoidado na Wikipedia.

"Un de cada catro? Paréceme pouco".

"É unnha curiosidade natural na xente, normal que se faga. O que pasa é que a información non sempre é fiable". "Fiámonos máis de Internet ca dun profesional".

Dor nas costas, hemicranias, hipertensión, asma... Buscamos moita infomación de autocoidados en Internet, e iso pode ser un problema.

"Hai que solucionalo?".

Pero unha solución médica pode non servir para dúas persoas co mesmo problema. Iso fainos lembrar que quizais hai que fiarse máis do médico.

"Fiarme téñome que fiar. Se non, de quen me vou fiar?".

E non seleccionar ben as fontes sería como ver a rúa chea de batas brancas. A outra metade dos españois garda o móbil e ao saír do médico simplemente anda.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/10/2019