CRTVG

Buscar

Casado reclámalle ao Goberno eficacia

Publicado o 20/03/2020 18:44

Pablo Casado reitera o apoio do Partido Popular ao Goberno na crise sanitaria do coronavirus, pero tamén lle reclama eficacia na xestión agora que o Executivo ten o mando único. Casado fixo estas declaracións tras reunirse por videoconferencia cos presidentes autonómicos do Partido Popular.

"Pedindo, a cambio do noso apoio xeneroso e responsable, eficacia e transparencia por parte do Goberno, que xa ten o mando único porque o estado de alarma dálle todos os poderes para que a axuda chegue e, sobre todo, protexa os sanitarios", afirma Pablo Casado, presidente do PP.

 

Noticias web

20/03/2020