CRTVG

Buscar

Casado nega que "España sexa unha nación de nacións" en alusión ao acto do PSC

Publicado o 14/12/2019 15:14

Desde o PP, Pablo Casado afirmou hoxe que non acepta que España sexa unha "nación de nacións" como pretenden os socialistas para salvar o pacto con Esquerra Republicana.

Na comida do Nadal do PP de Madrid, Casado dixo que o seu partido é a alternativa fronte á deriva anticonstitucionalista de Sánchez e que así llo vai transmitir o luns. Referiuse á entrevista de Junqueras desde o cárcere, na que reclamou "amnistía, autodeterminación, bilateralidade e un referendo".

Nesa liña, sinalou que esa é a axenda de ruptura que reclama Esquerra e que, ante iso, o PP vai ser o dique de contención representativo da nación española.

"Non imos admitir que a esta hora, en Barcelona, o partido socialista diga que España é unha nación de nacións e Cataluña é unha nación, porque non o é. Así que empezamos reivindicando a nación española, os españois, o pobo español no seu conxunto, que decidiu hai corenta anos ser libres e iguais cun paraugas, que é a Constitución, na que agora, na súa defensa, quedamos sós", asegurou Casado.


 

Noticias web

14/12/2019