CRTVG

Buscar

Casado fala cos sindicatos para analizar os datos do paro

Publicado o 03/04/2020 15:25

O presidente do PP reuniuse hoxe, por videoconferencia, cos líderes dos principais sindicatos. Un día despois de coñecerse as cifras de marzo de destrución de emprego, as peores dende que hai rexistro.

Pablo Casado non comparte as medidas económicas que está poñendo en marcha o Goberno. Ademais, denuncia que Sánchez anunciou a mobilización de 200.000 millóns para facer fronte ao virus é só aprobou, di, o 10% desa cantidade.


 

Noticias web

03/04/2020