CRTVG

Buscar

Casado di, despois de escoitar a Rajoy e Aznar na convención do Partido Popular, que o PP está unido

Publicado o 19/01/2019 22:07

José María Aznar foi o protagonista desta segunda xornada de conclave, onde pediu o voto para os populares e enxalzou a Casado. O actual presidente do Partido Popular di que despois de escoitar a Rajoy e Aznar, seus antecesores, na convención do PP queda claro que o partido está unido.

José María Aznar pediu non renunciar á pluralidade e abrir a todo o centrodereita o PP, a casa común, dixo, dos que queren sacar adiante España. Tras reivinicar a experiencia de Goberno do seu partido e situarse lonxe dos que chamou alborotadores e simplistas, quixo deixar unha mensaxe clara.

Asegurou que nunca un presidente do PP o tivo tan difícil como Pablo Casado, a quen gabou coas mesmas palabras que lle dedicara Manuel Fraga a el no seu día. O aludido respondía que cómpre tomar nota do discurso dos seus predecesores.

Noticias web

19/01/2019