CRTVG

Buscar

Casado anuncia que Ana Pastor será ministra nun eventual goberno popular

Publicado o 06/11/2019 14:45

Anuncio hoxe de Pablo Casado, Ana Pastor será ministra se o PP gaña as eleccións. O presidente do partido destaca a súa experiencia e o perfil social de quen xa foi ministra de Sanidade e Fomento en anteriores gobernos.

Pablo Casado, presidente do PP: "Non só é unha boa xestora, é unha persoa que desenvolveu toda a vida no eido social, sendo experta non só en asuntos sanitarios, de dependencia, de discapacidade, tamén en educación e no sistema de pensións. E será ministra no próximo goberno que lidere o PP a partir da semana que vén se así o desexan os españois".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/11/2019