CRTVG

Buscar

Casado di que o Goberno usa o 'pin parental' de cortina de fume tras nomear a Delgado

Publicado o 20/01/2020 09:39

O líder do Partido Popular, Pablo Casado, acusou o Goberno de utilizar o chamado 'pin parental' como cortina de fume para tapar  o nomeamento de Dolores Delgado. Pablo Casado asegurou que é a Constitución a que fala da liberdade dos pais para decidir sobre a educación dos fillos.

Pablo Casado, presidente do PP: "O que me están a dicir é, entón, como din ás familias en Cuba, que os fillos son da Revolución? Verdadeiramente, hoxe seguen a manter que os meus fillos non son meus. Verdadeiramente, están vostedes renunciando a leer a Constitución española, que no art. 27 consagra a liberdade dos pais para que decidamos a educación dos nosos fillos?".

Noticias web

20/01/2020