CRTVG

Buscar

Cartel de "non hai localidades" durante todo o verán para visitar as Illas Atlánticas

Publicado o 31/08/2019 14:49

Este tránsito de barcos e estas rengleiras de xente son desta mesma mañá en Vigo. Os turistas poñen rumbo ás Illas Atlánticas tamén desde Baiona e Cangas. Durante toda a temporada alta, entre o 29 de xuño e 8 de setembro, cada xornada completaron o cupo de 2000 visitas por día e 800 persoas con permiso de pernocta. A maioría dos visitantes pediron a autorización á Xunta e compraron os billetes con meses de antelación.

Un turistas di: "Fixémolo por Internet, primeiro reservamos o permiso na Xunta de Galicia e despois mercamos os billetes" Outro: "Nós collémolos cun mes de antelación, incluso máis, en canto puidemos".Outro viaxante: "Fará un par de semanas que os saquei por Internet", outro: "Cerca de tres meses" e unha viaxeira: "Un par de semanas"

Desde que en 2007 "The Guardian" falara do areal das "Rodas" como do máis fermoso do mundo moitos son os extranxeiros que cando veñen a Galicia consideran as Cíes como unha viaxe imprescindible sobre a que pesasn grandes espectativas.

Unha turista di: "Xa foi elixida como a mellor illa do mundo por unhya revista" Outro: "Moi bonito, con moita naturez e unha illa salvaxe". Outro turista a Cíes conta: "Eu agardo un auténtico paraíso, que se poida combinar verde con praia" "Si, xa nos avisaron que a auga está fria"

A temporada alta remata o 8 de setembro, de mañá en sete días. Xa non hai posibilidade de pedir permiso para acampar na Illa. Terá que ser no novo 2010

Noticias web

31/08/2019