CRTVG

Buscar

Carreira solidaria de vinte catro horas correndo pola muralla de Lugo para loitar contra o cancro

Publicado o 25/05/2019 18:45

A muralla de Lugo convértese en pista de atletismo nunha iniciativa solidaria que quere facer visible a loita contra o cancro. Tres atletas van correr durante vintecatro horas e a idea é que se lles vaian sumando outras persoas.

Celébrase por segundo ano. Organizada pola asociación Somos unidos polo cancro xurdiu logo da suxestión feita polo atleta Óscar Domínguez.

As persoas que se suman a esta iniciativa achegan un euro e levan unha chapa acreditativa. Os cartos que recaden van para a asociación. Nesta ocasión vanse destinar á adquisición dunha ambulancia.

O reto cumprirase mañá logo de vintecatro horas correndo para gañar unha carreira ao cancro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/05/2019