CRTVG

Buscar

Carmen Calvo pide a "responsabilidade de todos" para evitar a repetición electoral

Publicado o 03/08/2019 17:38

Carmen Calvo apelou a evitar unhas novas eleccións e pediu a implicación das forzas progresitas para conformar un goberno de contido social.

Tamén dixo que "as tres dereitas" non poden obstaculizar a maioría saída das urnas e deben actuar con responsabilidade: "Temos tempo por diante antes de que as eleccións se convoquen soas, porque o 23 de setembro se convocan de maneira automática conforme aos nosos procedementos constitucionais. Todo o mundo ten que ocupar gora o seu lugar e saber se constrúe, se responde ou se conduce este país a onde nós non queremos"

Mentres, desde Ciudadanos sosteñen que o ocorrido en Navarra é un "pacto infamante" que afasta a Pedro Sánchez dos constitucionalistas.

 "Onte o Partido Socialista Obreiro Español sobrepasou todas as liñas vermellas que os constitucionalistas nos demos desde 1978. Esta liña vermella básica era non pactar con aqueles que seguen sen pedir perdón ás vítimas e que se poñen do lado dos verdugos", sinlou Edmundo Bal desde a formación laranxa.




 

Noticias web

03/08/2019