CRTVG

Buscar

Carmen Calvo defende a suspensión de actos polo 8-M en Madrid e PP lembra a polémica do ano pasado

Publicado o 06/03/2021 14:54

Carmen Calvo visistou hoxe un mural feminista en Alcalá de Henares e lembrou a batalla para manter outro semellante en Madrid. A vicepresidenta do goberno dixo que os que queren desmontar as políticas de igualdade queren desmontar directamente a democracia. Fixo unha defensa contundente do 8-M e tamén se referiu á polémica xurdida cos actos en Madrid.

"Non hai unha dicotomía entre un goberno progresista e feminista que está volcado co 8 de marzo e co respecto aos dereitos fundamentais de manifestación. O que hai é unha preocupación lexítima de que en Madrid, cunhas cifras pandémicas tan graves, non agravemos máis a situación, pero o que digan os tribunais é o que faremos", sinalou Carmen Calvo

Desde o PP, Teodoro García Egea centrouse nas críticas ao Goberno e dixo que o 8-M perseguirá xa sempre a Pedro Sánchez polo que fixo o ano pasado, que, ao seu xuíxo, foi priorizar a ideoloxía sobre a saúde.

"Hai un ano Sánchez preparaba o 8 de marzo mentres outros países se preparaban para a pandemia, porque Pedro Sáncez estaban mirando as enquisas e non as alertas sanitarias. Cometeu a enorme irresponsabilidade de poñer a ideoloxía por enriba da saúde e iso quedará para sempre, para a historia, porque ningunha apisonadora vai borrar o erro". manifestou García Egea.

Noticias web

06/03/2021