CRTVG

Buscar

Carmen Calvo advírtelle a C's que pagará "caro" poñerlle un cordón sanitario ao PSOE

Publicado o 24/02/2019 17:44

A vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo, participou este mediodía nun acto dos socialistas galegos en Lugo, xunto ao secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.

Ambos os dous auguraron unha "derrota histórica" do PP nas vindeiras eleccións xerais. Carmen Calvo cargou contra os que "queren romper a Constitución e os que cren que é súa", dixo, e mandoulle ademais unha mensaxe a Ciudadanos, ao que lle advertiu que pagará "moi caro" nas urnas poñerlle "un cordón sanitario" ao PSOE e non á "ultradereita de Vox".


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/02/2019