CRTVG

Buscar

Carlos Rosón: "Os mozos en risco de exclusión van aumentando cos niveis de pobreza"

Publicado o 14/05/2020 11:27

O coronavirus estase cebando coas familias que xa estaban nunha situación vulnerable. En 6 de cada 10 fogares en que hai menores que xa estaban en risco, a situación empeorou aínda máis.

Igaxes é unha ONG que traballa coa infancia e coa mocidade en risco de exlusión. Desde a organización acaban de sacar un estudo que desvela como afecta esta crise sanitaria aos mozos en risco de exlusión.

Carlos Rosón, director da ONG, apunta que no estudo querían "cotexar os datos macroeconómicos coa realidade das familias e como lles afectou a chegada da COVID-19". Rosón desvela que "a principal conclusión é que os niveis de pobreza severa destas familias vai aumentar".

Rosón afonda sobre o estudo sobre a pobreza: "A Unión Europea establece un indicador que se chama AROPE que mide a intensidade laboral, a renda mínima e tamén unha serie de ítems como pode ser a temperatura no fogar, a comida fresca dúas veces ao día ou facer fronte a gastos extraordinarios. Todos estes parámetros vense afectados pola situación sanitaria".

Sobre a situación das persoas afectadas por un ERTE en Galicia, sinala: "En Galicia temos máis de 230.00 persoas en ERTE. O desemprego en marzo e en abril subiu un 10%. A nosa dúbida é que vai pasar con esa xente que está en ERTE, e se vai poder retornar ao seu posto de traballo. Hai que reparar en que os sectores que máis traballo ofrecen a estes mozos e mozas en risco son o comercio e a hostalaría, precisamente os dous sectores máis afectados pola crise".

Noticias web

14/05/2020