CRTVG

Buscar

Carlos Núñez reconstrúe o legado musical de Ricardo Portela

Publicado o 25/07/2020 21:59
O Consello da Cultura Galegade recolleu o repertorio na publicación "De gaiteiro a gaiteiro "que se pode consultar na súa web.

Neste obradoiro escola de instrumentos populares galegos en Vigo, Carlos Núñez coñeceu ao gaiteiro Ricardo Portela onde aprendeu os segredos da música do mestre, difíciles de plasmar nas cinco liñas dun pentagrama.

Días antes de falecer, o mestre pediulle a Carlos Núñez que transcribira o seu repertorio, a maioría pezas tradicionais que recreaba e facia súas.

Seguindo esa tradición dos músicos bretóns, e tras ano de estudo e traballo, Carlos Núñez logra transcribir 41 obras, un legado que o Consello da Cultura Galega recolle na publicación "De gaiteiro a gaiteiro".

Considerado un dos grandes gaiteiros galegos, Portela cumprirá cen anos este 2020.



 

Noticias web

25/07/2020