CRTVG

Buscar

Carlos Iturgáiz emerxe como novo candidato de PP-Cs no País Vasco e Alfonso Alonso acaba relegado

Publicado o 23/02/2020 21:25

Alfonso Alonso participaba esta fin de semana na homenaxe a Fenando Buesa e non quixo falar da súa fráxil situación política. A relación con Xénova pasaba por momentos delicados e esta tarde saltaba a nova da súaa caída como candidato ás eleccións vascas. Foi Pablo Casado quen lle comunicou persoalmente que quedaba descartado nunha reunión que mantiveron os dous este mediodía en Madrid.

Alonso anunciaba horas despois a través de Twitter a decisión Pablo Casado e remataba a súa mensaxe sinalando: "Quero agradecer todo o apoio do PP vasco, que é e será sempre o meu partido".

Pasadas as oito da tarde comparecía Teodoro García Egea para explicar a situación e anunciar que Carlos IUturgáiz ía ser o candidato da coalición integrada polo Partido Popular e Ciudadanos.

Desde Xénova optan así pola "operación rescate" de Carlos Iturgáiz, un histórico do PP no País Vasco, que o presidiu entre 1996 e 2004, en anos duros pola ameaza etarra. García Egea definiuno como un "referente ilusionante" e salientou que o acordo con Ciudadanos aspira a "construír un polo vencedor fronte ao nacionalismo excluínte".

Noticias web

23/02/2020