CRTVG

Buscar

Cardoso: "Iago é unha opción máis que nos pode dar plans diferentes"

Publicado o 08/02/2019 17:30

Viaxa o Celta a Xetafe. Xoga mañá antes do xantar. E Boudebouz queda en Vigo.Fichaxe do mercado invernal. Descartado por Miguel Cardoso, que ten a baixa de Okay e que recupera o danés Jensen. Regresa o holandés Hud tras o partido de sanción. E despois de mes e medio entra Iago Aspas nunha convocatoria.

Miguel Cardoso. adestrador do R. C. Celta: "Iago está dentro, adestrou, está na lista. É unha opción máis, que nos pode dar plans diferentes. Achega o que ten de seu, sempre dixen que ten características propias." Aspas é a mellor noticia antes da visita a un campo maldito, contra un rival que suma resultados acusado por algúns de xogar ao límite do regulamento. É un equipo que ten unha idea de xogo, e o que fai faino moi ben. Nós tamén temos a nosa idea, temos que chegar alí e levala tamén ao límite."

Malia todo, Cardoso cre que a referencia pode ser a vitoria contra o Sevilla, un equipo ben diferente. "O referente do Sevilla é o que temos que ter moi claro para xogar ante o Xetafe. Hai que intentar chegar ao nivel que tivemos no último partido."

A clave, para Cardoso, é saber que facer con balón, e tamén sen el en Xetafe.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/02/2019