CRTVG

Buscar

Captan un xabaril a plena luz do día na N-VI en Oleiros

Publicado o 08/12/2019 12:28

Cada vez é máis habitual ver xabaríns en contornos urbanos cando saen na busca de alimento. Ata o de agora facíano normalmente coa chegada da noite, pero dun tempo a esta parte perdéronlle medo ao bulicio do día, e podemos velos a calquera hora do día. Foi o que sucedeu nas últimas horas na Nacinoal VI, á altura de Perillo, en Oleiros. Este xabaril foi gravado por un particular mentres vadiaba tranquilamente por unha das vías que transcorren paralelas á nacional, co risco que iso supón para o tráfico. Lonxe de asustarse polo ruído dos coches percorreu varios metros pola estrada para despois volver internarse monte arriba.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/12/2019