CRTVG

Buscar

Capacidade limitada e distancia interpersoal obrigatoria na apertura dos centros comerciais para este luns

Publicado o 22/05/2020 21:04

Mercar nos centros comerciais a partir do luns será, esa é a previsión, unha compra máis personalizada, controlada e, en consecuencia, con menos sociabilización. Non haberá espazos de descanso nin infantís nas zonas comúns. Hai que manter a distancia entre as personas, dous metros nas tendas, tres banzos nas escaleiras mecánicas.

Á entrada, alfombra vermella, desinfectante, a gris, seca os pés. Xel hidroalcohólico a cada paso e sensores que contan a entrada e saída de persoas e rexistran onde hai mais movemento. Se se supera a capacidade, toca pechar portas.

O persoal dos centros comerciais leva semanas formándose e preparándose para que a a volta á
actividade , na fase dúas, sexa sen riscos.

Noticias web

22/05/2020