CRTVG

Buscar

Permanecen activos en Cantabria unha trintena de incendios forestais

Publicado o 18/02/2019 12:14

Miguel Angel Revilla pide axuda ao Goberno central, que enviou máis de 200 efectivos da UME

Cantabria segue en nivel 2 de alerta. Permanecen activos unha trintena dos cincuenta incendios forestais que lle afectaron simultaneamente aos montes da comunidade durante a fin de semana. Considera que o 100 % dos incendios son intencionados e chámalles aos incendiarios terroristas ambientais.

Un hidroavión diríxese a cargar auga na baía de Santander. A imaxe foi incensante durante a fin de semana e coas luces do día comeza de novo a trasfega dos equipos aéreos de extinción. Por terra, traballan apagando as lapas máis de 700 efectivos de incendios e Protección Civil e 200 da UME. A zona de Cabuérniga e a bacía do Pisueña son as zonas máis afectadas. A simultaneidade dos focos, chegou a haber máis de 50 lumes á vez, complicou os labores de extinción.

Miguel Angel Revilla, presidente de Cantabria: "A verdadeira solidariedade é denuncialos, porque esa xente está actuando contra o patriumonio de todos".

O presidente cántabro referiuse aos incendiarios como terroristas ecolóxicos. Máis da metade dos incendios comezou de xeito simultáneo e en zonas de moi difícil acceso.

"Todos os anos pasa o mesmo en canto comeza o vento sur. Hai que ter moi poucas luces. Isto dentro duns días chove moitísimo e todo iso baixa aos ríos. Xa non quedan troitas nin queda nada, dentro de pouco imos rematar por vivir sós. Eu non o vexo normal, claro".

Polo momento, foi detido un home de 35 anos ao que as forzas de seguridade detiveron a poucos metros dun mecheiro que acaba de prender.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/02/2019