Cans especializados únense á busca de Emilio Pintor
Publicado o 20/03/2019 19:58
Cans especialistas en detectar corpos somerxidos axudaron na busca de Emilio Pintor, o veciño da Coruña que desapareceu hai un mes, pero non hai novidades. O rastro do home perdeuse na zona de Belesar, onde unha antena recolleu o último rexistro do seu teléfono móbil.
Canda Emilio tamén desapareceu o seu vehículo, polo que se sospeita que puido caer á auga. Nun principio está previsto que os cans sigan coa busca ata finais desta semana.
Máis sobre actualidade
25/01/2021 20:01