CRTVG

Buscar

Canido, en Ferrol, gaña o premio ao mellor barrio do programa Fun polo aire

Publicado o 12/06/2019 16:55

Que barrio ten a mellor papatoria? Ou a mellor tradición? E festa? O programa Fun polo aire estivo, durante varias semanas, na procura do mellor barrio.

Moitos foron os cadidatos: o barrio da Milagrosa en Lugo, o de Conxo na capital galega, o da Ponte en Ourense ou o Burgo en Pontevedra, entre outros. Pero tan só hai un gañador.

Nunha votación feita a través das redes sociais do programa, os seus seguidores decidiron que o mellor barrio de Galicia é o barrio de Canido en Ferrol. Un recoñecemento que entregará esta tarde o presentador Roberto Vilar. Así que non o poden perder, aquí na Televisión de Galicia!
 

Noticias web

12/06/2019