Ezetarre: "Cando hai fame, chega a pólvora e a tormenta"
‘Pólvora e Tormenta’ inspírase no escenario da crise do Dust Bowl, no Estados Unidos dos anos 30, un momento histórico que para os tres rapeiros galegos garda moitos paralelismos coa situación sociopolítico actual.
O Dust Bowl foi literalmente unha tormenta de po que provocu terribles sequías e deixou na miseria a milleiros de familias estadounidenses. As reaccións do pobo ante este desastre non se fixeron agardar: conforme aumentaban a dor e a pobreza, tamén se endurecía a loita e ascendía o conflito. Mentres tanto, a música reflexaba esa realidade a través da voz de cantautores antifascistas como Pete Seeger o Woody Guthrie, ao que posteriormente Joe Strummer rendiría homenaxe tomando seu nome no alias que empregou durante uns anos: Woody Mellor.
O disco -gravado nos estudios Pousada Son, en Ames- conta coas colaboracións de: High Paw, Arnau de Zoo e Martin Plan B. Tamén Rubén Sierra de La Pegatina; os grupos cataláns Ginestá e Akelarre; Salma dende Beirut, Líbano e vellos coñecidos como Samu Acaracán.
Musicalmente, como xa é costume, poderemos escoitar temas de todo tipo, conformando un conxunto moi ecléctico no que cada canción é distinta da anterior. Ezetaerre continúa na liña de compromiso social que amosaron dende a saída da súa primeira maqueta, de nome homónimo, e que deu paso ao LP Aspiraciones Mínimas e Urxentes e o maxi 100. Novas letras, novos ritmos e novas ideas, pero sempre baixo as tres consignas que os caracterizan: dignidade, solidariedade e humildade.