CRTVG

Buscar

Candedo, nova deputada no Grupo Mixto

Publicado o 27/01/2020 20:55

Mañá, a primeira sesión plenaria do ano, arrancará coa toma de posesión da nova deputada do grupo Popular, Ana Belén García, en substitutción da ex-conselleira Beatriz Mato, que deixa actividade política.

Quen terá que esperar ao pleno da semana que vén para tomar posesión, é Mariló Candedo, a nova deputada do Grupo Mixto que hoxe foi presentada e que entra en substitución de Manuel Lago. Con esta incorporación, no Grupo Mixto serán cinco deputados, polo que En Marea intentará ter grupo propio. O seu portavoz, ademais, confirmou a vontade de presentarse ás eleccións autonómicas en solitario pero, dixo Luís Villares, abertos a alianzas tanto electorais como postelectorais.

Desde o Grupo Común da Esquerda, escindidos de En Marea desde o verán, piden responsabilidade aos partidos de esquerda para poder conformar un goberno progresista tras as eleccións ao Parlamento de Galicia previstas para outono.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/01/2020