CRTVG

Buscar

Canarias dá por controlado o incendio de Garafía

Publicado o 25/08/2020 21:48
Canarias dá por controlado o incendio de Garafía

O Goberno das Canarias declarou controlado, ás 19.00 horas, o incendio forestal de Garafía, na illa da Palma, e actualizou a situación pasando a emerxencia nivel 1, tal e como se establece no Plan especial de protección civil e atención de emerxencias por incendios forestais na comunidade autónoma das Canarias.

Os veciños evacuados en Garafía xa poden regresar ás súas casas, tras a reapertura das estradas, que terán un acceso restrinxido para os residentes na zona, segundo informou o Executivo canario nun comunicado. Ao longo deste martes, a situación do incendio continuou sendo favorable, o perímetro atópase frío e con escasos puntos quentes no seu interior, que se refrescaron durante a tarde polos medios aéreos, continuando por terra cos traballos de liquidación e remate. 

O incendio, que se iniciou na zona de Catela o venres pasado, afectou unhas 1.200 hectáreas aproximadamente. As lapas tamén queimaron media ducia de vivendas e o Cabildo e o Goberno das Canarias xa traballan na elaboración de axudas económicas para os propietarios, o mesmo que no caso de plantacións e gando afectado.

Noticias web

25/08/2020