CRTVG

Buscar

Camuflaba unha cámara nunha caixa de zapatos para fotografar mulleres en topless na praia de Patos

Publicado o 12/09/2019 16:24

A Policía Local de Nigrán requisoulle a un home duns 50 anos unha cámara fotográfica camuflada dentro dunha caixa de zapatos. Con ela fotografaba e gravaba mulleres que estaban en topless na praia de Patos sen o seu consentimento. Tres delas xa denunciaron os feitos.

Con esta cámara agochada nunha caixa de zapatos o home realizaba as fotos e as gravacións nas que só aparecían mulleres en topless.

Tras recibir a alerta dun bañista, os axentes que se presentaron no lugar requisáronlle a cámara e o material que contiña. Ademais, quitáronlle outra cámara no maleteiro do seu coche.

Este contido xa está na comandancia da Garda Civil, que iniciará unha investigación. O destino final destas imaxes determinará se estamos ante unha infracción administrativa ou ante un delito penal.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2019