CRTVG

Buscar

Camiños Sonoros encheu de talento musical a praza Cervantes de Compostela

Publicado o 02/06/2019 22:31
Camiños Sonoros encheu de talento musical a praza Cervantes de Compostela

Compostela acolleu este domingo o último recital na cidade dos Camiños Sonoros, con Abe Rábade, Susana Seivane e Víctor Prieto. Un proxecto artístico que percorre a Vía da Prata e que está levando ante o público máis dun cento de estudantes dos conservatorios galegos para dar mostra do seu talento.

Por diante quedan ata finais de xullo actuacións no Pico Sacro, no mosteiro de Carboeiro ou no de Oseira.