CRTVG

Buscar

Cambrils lembra as vítimas dos atentados de hai dous anos no memorial pola Paz

Publicado o 18/08/2019 19:51

Se onte era Barcelona a que lembraba ás vítimas do atentado das Ramblas, hoxe a homenaxe foi en Cambrils. No memorial pola Paz, no mesmo lugar onde tivo lugar o ataque hai agora dous anos, o Presidente da Generalitat realizou unha ofrenda floral. Ao igual que pasou onte en Barcelona foi unha cerimonia breve, onde numerosas persoas anónimas quixeron depositar flores, candeas e mensaxes en memoria das vítimas, apoioando aos familiares e aos equipos de emerxencia que permitiron acabar cos terroristas. Unha muller morreu neste atentado, houbo cinco feridos e cinco terroristas foron abatidos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/08/2019